As nosas orixes
Vimos do mar, dunha terra como é Galicia, onde aprendemos do contacto coa madeira e a auga.
Esa conexión levounos a dar unha segunda oportunidade ás bateas, que preservan durante anos a vida de moluscos e son unha forma de vida para as nosas xentes
Convertemos as bateas en tesouros atemporais.
Cremos na economía circular
A terra ofrécenos o que precisamos, por iso a temos que coidar e preservar.
O noso traballo baséase nun modelo de produción sostible, polo que reciclamos, reutilizamos e reparamos materiais que xa existen, como a madeira das bateas.
Dar unha nova vida ós materiais para chegar a facer pezas que perduren no tempo.
Acabados artesanais
A combinación de deseño, sostibilidade y artesanía lévanos a facer as formas máis puras e naturais do mar e da madeira.
As nosas mans dánlles forma a cada curva, cada veta, cada detalle para converter as pezas en deseños únicos.