Saltear al contenido principal

Noray é moito máis ca un simple taburete; é unha peza versátil que, ao mesmo tempo, se converte nunha lámpada capaz de crear unha luz indirecta de maneira sinxela grazas á súa batería integrada. Tamén se presenta como unha práctica mesiña auxiliar.

A súa inspiración xorde dos norays ou morróns presentes nos portos galegos, utilizados para amarrar os cabos ao atracar os barcos. Noray emana do mar, sendo unha auténtica reivindicación do noso mar e da nosa xente, co seu carácter atlántico e a dureza que caracteriza á xente do mar, representada tamén pola madeira de batea coa que está elaborado. Non obstante, tamén reflicte a nosa afabilidade, semellante ao aceite que a remata.

Esta peza está cargada de historia, impregnada de salitre en cada fenda. A madeira de batea coa que foi confeccionada adornou as nosas rías e foi protagonista na produción de mexillóns durante máis de vinte anos. Noray busca reivindicar o tempo, o tempo necesario para elaborar un traballo artesanal ben feito. Trátase dunha loa ás segundas oportunidades, como a madeira que, despois de resistir tantos temporais e aparentemente non ter máis que dar, se converte nunha fermosa peza co paso do tempo e o esforzo dedicado, transformando o que antes parecían feridas en fermosas fendas.

Ademais, esta peza fai un chamamento á sostibilidade, pois case a totalidade dos seus materiais son reutilizados, desde a rede de pesca ata, por suposto, a madeira de batea.
Noray é moito máis que una peza; nace no mar como un tesouro atemporal, representando a esencia e o carácter inconfundible da nosa cultura atlántica.

Noray
Noray
Noray
Noray
What's App